miércoles, 22 de julio de 2015

REFLEXIÓN MARCO CONCEPTUAL, de Ricardo Mosquera


Reflexión marco conceptual módulo 1

Para o desenvolvemento do meu traballo como orientador laboral nunha oficina de emprego do SPEG o desenrolo deste curso é moi importante porque está facilicitándome unha serie de ferramentas que eran totalmente descoñocidas para min.

O estudo da Orientación Laboral, está estruturado en tres módulos, e dentro do módulo 1 temos 5 temas.

En relación ao tema 1, o marco conceptual da orientación laboral, aportoume moita claridade en canto ás funcións, organización, estrutura e competencias do SEPE e do SPEG, deixándome moi claro que é o que ten ten que facer cada un deles.

Asimesmo iluminoume unha nova visión das políticas activas de emprego en España e en Galicia, asi como a política de emprego que se segue en Europa, tanto da contratación estable como do sistema nacional de garantía xuvenil así como dos incentivos aos emprendedores, pero tamén me está a aportar bastante o saber cales son as estratexias e prioridades de emprego ata o ano 2020.

A parte práctica desenvolveuna a xefa do servicio de orientación laboral, da Consellería de Traballo, falando, entre outras cousas, das políticas activas de emprego do SPEG, e clasificándoas da siguente forma:
- mellora da empregalidade
- axudas ao autoemprego
- axudas á contratación por conta allea


No tema 2, destaco os indicadores do mercado de traballo así como os instrumentos e ferramentas para o estudo do mercado de traballo, observatorio ocupacional do SEPE e do SPEG así como a prospección do mercado de traballo. Para ampliar este tema contamos con Fernando Agulló.


En canto ao tema 3, este tema é, dos vistos ata agora, o que máis aplicación práctica ten no traballo diario dun orientador laboral. Contamos con dúas relatoras. Unha delas coñece a fondo a formación profesional desde a vertente académica e profesional. Coa outra ampliamos coñecementos no ámbito das cualificacións profesionais e dos certificados de profesionalidade.

En resumo, certificación e formación profesional están a ser moi importantes para min porque descoñecía os diferentes conceptos que se moven ao redor do certificado de profesionalidade: conceptos de cualificación profesional e de competencia profesional, estrutura da cualificación profesional, a unidade de competencia e a súa estrutura, o módulo formativo e a súa estrutura, principios básicos e fins do SNCFP e do Instituto Galego das Cualificacións, asimesmo déixame claro como se fan as acreditacións das competencias e ante quen. Neste sentido déixame moi claro que os certificados de profesionalidade son unha formación para o emprego.



En referencia ao tema 4, neste tema aprendín que é moi importante saber cales son os organismos e institucións comunitarias actuantes en materia de emprego así como os fundamentos xurídicos da liberdade de mobilidade dos traballadores así como coñecer a rede eures.

Tamén é importantisimo coñecer o fondo social europeo (fse) e as áreas e ámbito no que intervén. Neste sentido, coñecer cales son as políticas activas e pasivas de emprego na UE e en España dános un coñecemento máis global á hora de desenvolver o noso traballo de orientador laboral.

Asimesmo, coñecín distintas ferramentas como por exemplo:
- Europe Direct
- Rede Eures
- Solvit


Por último, no tema 5 falamos da iniciativa emprendedora, destacando o plan de empresa e para nós os orientadores laborais cales son as claves para asesorar ás persoas emprendedoras. Neste sentido aprendín cales son elementos esenciais na creación de empresas e utilizamos o modelo CANVAS para o desenvolvemento do modelo de negocio.



PARA SABER MÁIS:

- Programa de activación para o emprego

- Programa de garantía xuvenil

- Certificados de profesionalidade

No hay comentarios:

Publicar un comentario