domingo, 25 de octubre de 2015

Marco instrumental, Estela Ruiz.

Neste post fálase sobre o marco instrumental do orientador laboral, onde se recolle o traballo do orientador, abordando temas como a intermediación familiar, os itinerarios personalizados de inserción, a prospección do emprego, axuda na toma de decisións, ferramentas para o acceso ó emprego e o autoemprego e a construcción do plan de empresa.


1.- Intermediación familiar

Podemos definila como “o conxunto de accións que teñen por obxecto poñer en contacto as ofertas detraballo cos traballadores que buscan un emprego. Ten como finalidade porporcionar ós traballadores un emprego adecuado as súas características e facilitarós empregadores os traballadores máis apropiados ós seus requerimentos e necesidades" (Lei 53/2003).

A intermediación levarase a cabo a través dos Servizos Públicos de Emprego, as axencias de colocación e outros servizos que reglamentariamente se determinen para os traballadores no exterior.


2.- Itinerarios personalizados de inserción


Os itinerarios de inserción (de agora en diante IPI) podemos definilos como un conxunto de accións organizadas nun proceso lóxico e persoalizado, que ten como obxectivo primordial a inserción laboral e o desenvolvemento profesional dos participantes, a través da información e do asesoramento individual e grupal.


Podemos distinguer diversas fases:

1.- Fase de acollida: ten como obxecto coñocer as necesidades es expectativas da persoa usuaria e presertarlle o que imos facer: accións, programas, formación, en que consiste o IPI...

2.- Fase de diagnose: consiste na análise dos datos curriculares que obtivemos na fase anterior para posteriormente establecer o itinerario.

3.- Fase de desenvolvemento do itinerario: nesta etapa lévanse a cabo todas as accións (tanto formativas como persoais) que foron marcadas anteriormente nun acirdi entre o orientador e a persoa usuaria. Pode reformularse en calquer mmento.

4.- Fase de seguemento e acompañamento:

5.- Fase de peche: consecución do obxectivo proposto ou unha vez realizadas todas as accións previstas.


3.- Análise de perfís porfesionais e prospección do emprego

Cando falamos da prospección do emprego temos qu eter moi en conta outros conceptos como é o análise dos perfís profesionais. Obxectivos:

a) Elaboración de diagnósticos individualizados sobre o perfíl, necesidades e expectativas das persoas demandantes de emprego para atoparlles ou manter oun emprego ou conseguir un novo.

b) Coñecer a información relacionada co mercado de traballo e os incentivos e  medios dispoñibles para o fomento da contratación e o apoio de iniciativas emprendedoras.

c) Deseñar,elaborar e realizar itinerarios individuais e persoalizados a través da información e orientación profesional para  emprego e autoemprego, mellorando a cualificación profesional da persoa demandante.

d) Contactar cás empresas para difundir información relativa as súas iniciativas para facilitar a inserción laboral.

e)Informar e orientar sobre o proceso de recoñecemento de competencias adquiridas pola experiencia laboral a través da súa acreditación oficial mediante certificados de profesionalidade.

f) Informar e asesorar as persoas demandantes sobre a oferta das accións de formación profesional para o emprego.


4.- Técnicas e ferramentas para o acceso ó emprego e ó autoemprego.

Teñen como obxectivo principal que o demandante coñeza os instrumentos e adquira habilidades necesarias que lle posibiliten realizar unha procura de emprego activa, organizada e planificada, dispoñendo tamén de recursos prácticos e teórics para afrontar os procesos de selección con maior éxito.



Dúas ferramentas básicas son o currículo vitae e a carta de presentación, pero hoxe en día existen outras, as chamadas ferramentas 2.0, como páxinas webs de empresas, plataformas de traballo, redes sociais, videocurrículo, e a través de contactos (networking).



Tamén existen entidades que poden axudar neste proceso como son o Igape, a Rede Eusumo, a Conselleria de traballo e benestar e a oficina do empregador, por exemplo. 


5.- O Plan empresa.

Cada vez máis, e sobre todo nos tempos que corren, moitas persoas deciden crear o seu propio emprego, ben por quee non atopan un traballo ou porque non están satisfeitos co que posúen, que poderán xestionar elas mesmas de forma directa e levar a cabo paixóns e desexos (a nivel laboral) persoais.

Para isto, o primeiro que hay que facer, a parte de ter unha idea e facer unha análise da realidade onde veremos se a nosa idea ten cabida ou non, é facer un Plan de empresa.

O Plan de empresa é  un documento escrito que cada emprendedor/a elabora co obxectivo de planificar, avaliar e controlar os aspectos máis importantes do negocio, desde a idea ata os de posta en marcha da empresa. Ten unha dobre finalidade

  • Interna: onde se analizan cada un dos factores que interveñen, planificar as estratexias a seguir e o que se debe facer....
  • Externa: Busca de finanzamento, busca de novas persoas que queiran participar como socios, amosalo nas diferentes administracións...
A continuación un vídeo con algunos consejos de como hacer un Plan de empresa.


Para saber máis....

- Servizo de informació, orientación e prospección do emprego
- Creación Plan Empresa
- Redacción currículo
- Perfís Profesionais 

No hay comentarios:

Publicar un comentario